Etiquetas

, , , , , , , ,

Querer e non poder, estar nun intre sen pensar, dicir e non pensar o que dicir, reflexionar e buscar unha razón, sentir o medo, a emoción, querer expresar sentimentos e non poder por mor a represalias, buscar sentido a cousas que non o teñen e pensar que alguén non pode dar unha resposta a aquilo que queremos descifrar. Buscar unha solución a temas que non nos pertencen, no eido da reflexión, darse conta de que aquelas cousas que cremos esenciais e inherentes son só  proxeccións da nosa propia mente que queremos transmitir aos demais. Ideas. Sentimentos. Prexuizos. E nós, humanos, poderemos destapar aquelas seccións do coñecemento que cremos, son nosas. Buscamos unha razón, e ao non atopala, dispoñémonos a convencer aos que non pensan coma nós. Estamos convertíndonos en seres autoritarios. En seres pouco tolerantes. Necesitamos impoñer a nosa visión porque pensamos que os demáis deberían pensar coma nós. E cegámonos. Obcecámonos. só temos que dar a nosa opinón e deixar que os demáis decidan se queren compartir a nosa idea ou seguir coas súas. A humanidade só pensa en buscar o mellor para os semellantes. E pode que nalgún momento busquemos cousas que os demáis non queren. Eles non aceptan as nosas ideas e non queren ver o que lles dicimos. E nós intentamos amosarlles as nosas ideas, e eles non nos escoitan. Todo resulta ser un ruxeruxe de ideas que non leva a ningures. E intentamos facer prevalecer o noso pensamento. E non nos entedemos. Queremos explicarnos e non o conseguimos. E obcecámonos. E perseveramos, buscamos sen descanso ese apoio, esa reafirmación da nosa sentencia. Pero nese momento erramos. Erramos porque pensamos que os demáis deben e van aceptar aquilo que nós cremos mellor porque pensamos que é o mellor para eles. A verdade é aquilo que non se pode alcanzar, mais se intentamos acercarnos a ela corremos o risco de pensar alcanzala. Esa é a nosa madición. Velaí a nosa debilidade. A nosa perdición.

Anuncios